Don Albino Núñez. O corazón no Ribeiro

¡Ou, terras de viño roxo,
terras de suor regadas
d´un enxamio de labregos
que sen refolgo as traballan!

Hai pouco máis dun ano tiven a sorte de que Xesús Alonso Montero me fixese un agasallo que está agora entre os meus tesouros máis prezados. Trátase do libro ALBINO NÚÑEZ, ENSAIOS E ARTIGOS (1956-1973), unha colectánea dos traballos en prosa de don Albino Núñez (A Mezquita 1901, Ourense 1974), escritor, pedagogo e poeta ourensán.

Os libros que nos fan mellores

Foi unha feliz casualidade a que fixo que chegase este libro ás miñas mans. Cando, alá por abril, Xesús Alonso Montero aceptou gustoso a invitación que lle fixo Avelino Muleiro para presentar o meu libro Nomes do Ribeiro en Vigo, quedamos para tomar un café na Casa do Libro, e falar un pouco de como sería o acto. Xesús non se esqueceu de traernos un agasallo: o libro Ensaios e Artigos (1956-1973) de Albino Núñez. É o libro sobre o que quero facer algún apunte nesta primeira entrega do meu caderno de notas.

Albino Núnez recibe unha homenaxe dos alumnos do colexio que leva o seu nome

Os alumnos do Colexio Albino Núñez de Casar do Mato organizaron o día 5 de xuño de 2008 un acto de homenaxe para lembrar a figura do profesor e pedagogo que dá nome á súa institución. Un roteiro conmemorativo e unha conferencia do seu fillo, Albino Núñez Rodríguez, centraron a xornada, na que tamén participaron representantes políticos e ex alumnos do homenaxeado.

Presentación na Casa de Curros Enriquez

O martes, 13 de maio de 2008, ás 20.00 horas, na Casa Museo de Curros Enríquez de Celanova (Ourense), foron presentados os dous primeiros volumes da obra de Albino Núñez Domínguez: Romances da Terra Maina e Ensaios e Artigos, 1956-1973.
Dende agora, Albino Núñez Domínguez forma xa parte desta Casa dos Poetas.


Albino Núñez Rodríguez, Antonio Mouriño, Xesús Alonso Montero
ver galería completa [4 fotos]

Vídeo
Imaxes do Acto de presentación [EN PREPARACIÓN]

Notas de Prensa:
13 05 08 | Celanova presenta los dos primeros volúmenes del escritor ourensano Albino Núñez | La Región
14 05 08 | Dos libros para recordar a Albino Núñez | La Voz de Galicia

Presentado el libro "Ensaios e Artigos, 1956 - 1973"

O día 21 de abril de 2008 presentouse o libro Ensaios e Artigos, 1956 - 1973, de Albino Núñez Domínguez.
O libro recompila máis dun centenar de ensaios e artigos xornalísticos, que no seu día foron publicados en revistas e periódicos da Arxentina, Venezuela, México e España. A presentación da obra tivo lugar no Edificio Simeón, perante máis de duascentas persoas, entre as que atopaban moitos ex-alumnos do autor, que asistiron ao acto con emoción.
A presentación estivo presidida polo Presidente da Deputación, Xosé Luis Baltar, organismo que patrocinou a publicación, e que entregará o libro a 'tódalas bibliotecas e centros escolares da provincia'. No mesmo participaron, así mesmo, Albino Núñez Rodríguez, fillo maior do autor, que realizou unha descrición do autor, e Xesús Alonso Montero, prologuista do libro.
Entre os asistentes se atopaba o Alcalde da Cidade, o Tenente Alcalde, as Concelleiras de Cultura e Participación Cidadá, os Delegados de Cultura e Educación, o Subdelegado do Goberno, o Subdelegado de Defensa e diversos membros da vida política e cultural da Cidade.
Trátase dun completo volume, editado por Armonía Universal, editorial dirixida por Carlos Núñez Deza, neto do autor. Recompila artigos de diversas temáticas, como xeografía, historia, toponímia e lingua.

Albino Núñez Rodríguez, Xosé Luis Baltar, Xesús Alonso Montero e Carlos Núñez Deza

Albino Núñez Rodríguez, Xosé Luis Baltar y Xesús Alonso Montero


Noticia en Telemiño

Notas de prensa
22 04 08 | Albino Núñez, el maestro de maestros | Faro de Ourense
22 04 08 | Un libro rescata el legado periodístico del pedagogo ourensano Albino Núñez | La Región
22 04 08 | Palabras que resumen una época | La Voz de Ourense
23 04 08 | Albino Núñez | Marcos Valcárcel | Galicia Hoxe
23 04 08 | Albino Núñez sae da néboa do pasado | Maré | Galicia Hoxe
10 05 08 | Os artigos de Albino Núñez | M. Herminio Iglesias | La Región

Vento do Leste

Vento do Leste, a revista de Cultura, arte e sociedade da Federación de Entidades Culturais Galegas de Catalunya, dedica un interesante artigo de tres páxinas a Albino Núñez Domínguez no seu número 17 (xullo de 2007).

Portada de Vento do Leste

Recital Poético na Casa de Curros Enríquez

O día 27 de xullo con motivo do ‘IV Trofeo Ibérico de Acordeón’ celebrouse na Casa de Curros Enríquez (Celanova) un recital poético de autores galego-portugueses a cargo de Raúl Duarte. No programa, varias poesías de Albino Núñez Domínguez.
O acto foi seguido por unhas sesenta persoas.


Momento do recital a cargo de Raúl Duarte na sala da lareira.
ver galería completa [2 fotos]

Presentación de "Romances da terra maina"

O mércores 20 de xuño de 2007 presentouse, no Centro Cultural da Deputación Provincial de Ourense (antigo edificio Simeón) a primeira edición do libro de poesía de Albino Núñez "Romances da terra maina", editado por Armonía Universal.

Portada de Romances da terra maina

Ampliación de contidos

Ampliamos a catro as poesías publicadas na Revista Lar de Bos Aires.